viernes, 23 de enero de 2009

F*Champs haciendolo laif


Dentro da programación organizada por Higher Club na sala Super Club (antigua Pirámide, na rúa Juan Flórez, 48), este sábado noite, 24 de xaneiro, presentación do primeiro vinilo 7 polgadas editado polo grupo vigués F*CHAMPS, asociado ao colectivo ARKESTRA, e no que actualizan clásicos do jazz, funk e soul con electrónica contemporánea.

Sábado 24 de xaneiro de 2009

F*CHAMPS (Cracktown | Arkestra | Vigo)

Presentación en directo do primeiro sinxelo en 7 polgadas deste grupo formado a medio camiño entre Vigo e Londres e composto por Caino, Movementss e Zentinela, reunidos coa pretensión de actualizar (non remisturar) clásicos da música soul, funk, jazz e disco, traballando as fontes orixinais en combinación con beats contemporáneos da vertente do hiphop. Pertencen ao colectivo multidisciplinar Arkestra, algo do que dan boa mostra coa edición deste vinilo de avance editado polo seu propio selo, Cracktown, e que inclúe o deseño artesán e orixinal do artista catalán Dj Thabeat

www.myspace.com/putoschamps

www.higherclub.org | www.elsuperclub.com

2 comentarios:

Gofresh dijo...

oooooooooo y go go go fresh haciendolo de chofer muahaha party! party! party! muahaha

Especial K dijo...

el flyer mola, me recuerda a Palazuelo...